Gran Hermano
Inicio » Podcasts » c'mmons baby!
c'mmons baby!

c'mmons baby!

Una produccion de ictioscopio para ego99. Musica bajo licencias copyleft, o de libre descarga, en pequenas capsulas de 20 minutos.
C'mmons baby! Light my player!
Juego de Gran Hermano
 

Oyentes (4)

«

bcnatlantica2010-12-16

P1R0R2010-07-23

magacin662010-01-08

fabulus2008-01-25

»

Episodios (73)


319
DESCARGAR C'mmons baby!#64 (entrevista a Monk Turner)  (22/03/11)



Unha semana antes do terremoto de Xapón, Monk Turner (preservamos o segredo do seu nome real) lanzaba xunto coa espectacular cantante Alanna Lin o seu disco "Emergency Songs ", un feixe de cancións para o antes (before), durante (during) e after (despois) do Big One, o terremoto que algún día vai facer escachar California. Conversamos con el sobre a súa música e outras cousas ben interesantes.
Días despois, estudantes da universidade de Handong (Corea do Sur), elaboraron un video chamado "We love Japan " coa canción Start again, que pecha o album. Thank you, Monk! (duración: 44'55'')
Monk Turner + Fascinoma. Letter to the Los Angeleans (BEFORE)Monk Turner + Fascinoma. Trust (Is Just a Word)
Monk Turner + Fascinoma. Did You Feel That (DURING)
Monk Turner + Fascinoma. HOLD ON!
Monk Turner + Fascinoma. After DisasterMonk Turner + Fascinoma. Start AgainLigazóns relacionadas: Blog de Monk Turner ; Who pays for free? ; Fascinoma .

369
DESCARGAR C'mmons baby#63 (a bailar e abalar)  (31/01/11)


Comezamos ano e emisións desde o noso novo Oslo Studio con gañas de bailar. Tamén vos comento, para os que ainda non o sabedes, que desde a emisión #9 de Io~nos , tedes alí un micro-espazo chamado Petit commun, onde cada mes vou ir deitando músicas libres que ás veces fican fóra aquí, ou non, xa se vai ver como deriva a cousa. En calquera caso, esta primeira emisión do ano é para nos recargar de enerxía positiva (duración: 29'23'') Kookoo Kitchem . Bedsheet (ePop010 , Eardrums Pop)Convaire . Gate track (Hey say hey , Modularfield)Crash Collect . Stonecold (Smolder , autoeditado)The Womb . Hey hey hey hey hey (The Fourth wall , 23 Seconds)Azevedo Silva . Bússola (Carrossel , autoeditado)Reno Project . My little cookie (My little cookie , autoeditado)Carrero Bianco . Eres un misil (Oferta de Lanzamiento , A Regueifa)

400
DESCARGAR Onda baby / C'mmons 66! (resumo 2010)  (31/12/10)



Miguel Acín (onda66 ) e máis eu decidimos facer unha emisión final de ano conxunta, falando relaxadamente do mundo do netaudio e a música libre e escolmando algunhas das cancións e artistas favoritos ; de 2010. Ficou un programa longo de máis para o cotián, culpa miña de falar tanto, mas ambos agardamos que non se vos faga pesado e gozedes con el. Feliz 2011 a todos! (duración 1h32'53")
Rhoda (feat. Mia Doi Todd): New farmer.La Nueva Guardia (con Patricia Cangemi ): Mimí Pinsón (Upbeat).Superhumanoids : Dangerous strangers.Bitbasic : Owls eye crust.Angil & The Hiddentracks : Thelma or Louise.The Sun : Cocaine & Tunes.Kellee Maize : Big plans.The Years (feat. Sy Bar-Sheshet): Let's stay in love.The Pop Winds : Feel it.

412
DESCARGAR Fora de tono #003  (19/12/10)


Terceira emisión de Fora de tono , música libre para ouvidos (ou orellas) ultrasensíbeis. (duración 12'39'')
Especial dedicado a Peppermill Records e o seu proxecto colectivo 2999 , unha banda sonora para o século XXX.
Max Echo . It came from the stars Sam Jaya Prime . Escape from Hunahpu Brownbear . 10:84

452
DESCARGAR C'mmons baby#61 (especial 3º cabodano)  (09/11/10)


Este si é o especial 3º cabodano de C'mmons baby!
Primeiro de todo agradecer aos que escribiron e/ou mandaron mensaxes sonoras para unirse a esta pequena festa.
36 meses, máis de 60 emisións, 10 entrevistas, ninseicantos músicos e cancións... xente que escribe e nos sigue desde unha chea de países do mundo... se cadra o PDM non vai tan mal. (duración 53'08")
Kotki Dwa. HalloweenProjecto Mourente. A voz de SakNouvelle Cuisine. Seremos cajerasThe Harvey Girls. Hey, little sprout!Orquestra Popular de Paio Pires. Kyoto MelodySamuel Stiles. Lonesome roadThe Dead Bodies. Selfless devotion
El Hombre Elegante. Amour con Verdín
Ligazóns relacionadas: A Regueifa; onda66; Radioceánica; Zimmer103; Intangible 23; trastienda.org ; Circle into square.

461
DESCARGAR C'mmons baby#60 (bares e amizades)  (31/10/10)



Esta aínda non é a emisión especial 3º cabodano.
Imos cavilar un chisco sobre a música e o uso que se fai dela nos bares, novos amigos amigos que contactaran con nós estes días atrás, algunha novidade e máis cousiñas.
Monk Turner. A dive bar off Main streetCocolixe. 60's French popFluydo. Let it snow, let it snow, let it snow!Zimmer103. Polo carreiro do canThe Destroyed Room. Circle of friendsKuaker Doll. Otra vueltaThe Silent Love. There's something I need to telll youEvils that never came. See somebodyLigazóns relacionadas: No-Source; Inmyroom Records; A Regueifa; Blackfish Discos; Free Albums Galore.

497
DESCARGAR Fora de tono #002  (25/09/10)


Segunda emisión de Fora de tono, música libre para ouvidos (ou orellas) ultrasensíbeis. (duración 11'41'')
Septi. La desamortización de Mendizábal (Magnetic EP)Learning Music. Countoff (LMM 3.3 Learning Music with the Students at KIPP LA College Prep)Gil Duarte e Sistema Assimov de Som. Contato (Venda seu peixe EP)

515
DESCARGAR C'mmons baby#59 (entrantes e tapas)  (07/09/10)



Non sei a vós, mais a min o sol e a praia dánme fame e esta ausencia máis longa do normal tamén; por tanto vouvos levar a un “chiringuito” a tomar uns novos e gorentosos entrantes e algunhas tapiñas coñecidas mais saborosas.
Setembro novamente, tempo de rentrées, comezar ligas deportivas e novas coleccións de fascículos inútiles. A miña proposta é que enchades os vosos andeis (reais ou binarios) de novos sabores e receitas musicais. (duración 41'41'')Learning Music. Em are someGahzed. Another girlGarmisch. EbrainedElaine. Like it nakedExperimental Little Monkey. No hay colorThee Brandy Hips. Mr. ThinmanJinetes Fantasmas. Sed de venganzaA Minha Embala. Maria SilenzoPop Winds. Feel itLigazóns relacionadas: Vosotros; Ideology; blocsonic; Go! Jukebox; Poni Republic; trastienda.org; Lepork Records; Musicando Carvalho Calero.

558
DESCARGAR C'mmons baby#58 (sei o que fixestes)  (26/07/10)



A pesares da ausencia destas catro longas semanas puiden seguir, grazas aos rss e a internet, moitas das cousas que fixeron os músicos que comparten a súa música con nós. Houbo algunha "mala" nova na rede galega, mas como dixo o filósofo: "os ocos están para enchelos..." de música que agardo sexa do voso gusto. (duración 39'06'')
Stormy Mondays. WeathermanLimousine. The whipAzoora. The kingFlyafter. Today I'm with youThe Harvey Girls. Ocean¡Pelea!. Disfraz de cerdoJóvenes y Sexys. El reloj (El Tiempo Se Nos Va María y José Remix)B Fachada. Tema do melancómicoSuperhumanoids. Hey Big BangLigazóns relacionadas: 23seconds; Circle into square; Poni Republic; Mbari Música.

592
DESCARGAR C'mmons baby#57 (caminho do sur)  (22/06/10)



Chega o verán e a xente migra cara terras quentes onde torrar a pel; e din que no sur vai máis calor; aínda que non imos baixar muito que agora mesmo no hemisferio austral andan no inverno. (duración 31'44'')
Vieja Historia. CamionerosGranito. Miracle forestMedelia. Tick tockHet Gloren. Als je lachtCudevaso. Turismo occidentalCuerpos. Gente bicéfalaCapullo. Ritmo prohibidoBirds Are Indie. One DayLigazóns relacionadas: Mal Amigo; Medelia en trastienda.org; Het Gloren en Beep! Beep!; Cudevaso n'A Regueifa; Capullo en Poni Republic; Birds Are Indie na Mimi Records.

592
DESCARGAR C'mmons baby#57 (camiño do sur)  (22/06/10)



Chega o verán e a xente migra cara terras quentes onde torrar a pel; e din que no sur vai máis calor; aínda que non imos baixar muito que agora mesmo no hemisferio austral andan no inverno. (duración 31'44'')
Vieja Historia. CamionerosGranito. Miracle forestMedelia. Tick tockHet Gloren. Als je lachtCudevaso. Turismo occidentalCuerpos. Gente bicéfalaCapullo. Ritmo prohibidoBirds Are Indie. One DayLigazóns relacionadas: Mal Amigo; Medelia en trastienda.org; Het Gloren en Beep! Beep!; Cudevaso n'A Regueifa; Capullo en Poni Republic; Birds Are Indie na Mimi Records.

611
DESCARGAR Fora de tono #001  (03/06/10)


Benvidos á primeira emisión do spin-off de C'mmons baby!: Fora de tono, música libre para ouvidos (ou orellas) ultrasensíbeis.
Quixen enxertar este esgallo do programa nai para facerlle un pouco de sitio a esas músicas que están algo fóra do abano, máis ou menos estándar, do pop-rock que vos presento en C'mmons baby!
O formato vai ser moi sinxelo: introducir as composicións e a información dos artistas ao primeiro (2 ou 3 como moito) e despois darlle ao play tentando non pasarme dos 10-15 min. A periodicidade vai ser irregular, aínda que farei por que haxa unha emisión ao mes.
O rss é o mesmo de C'mmons baby! así non tedes que subscribirvos a nada novo. Comezamos, 1, 2, 3... (duración: 13'05")Tiago Sousa. Passos (Insónia)Elonious Funk. Here come the penguins (Audible Canvas)