Inicio » Podcasts » c'mmons baby!
c'mmons baby!

c'mmons baby!

Una produccion de ictioscopio para ego99. Musica bajo licencias copyleft, o de libre descarga, en pequenas capsulas de 20 minutos.
C'mmons baby! Light my player!
 

Oyentes (1)

«

fabulus2008-01-25

»

«12»

Episodios (14)


6
DESCARGAR C'mmons baby! #12 (Argentina, Argentina!)  (11/05/08)



Estamos de volta!
Despois da estrea en Radio Oceánica (obrigado Sak) regresamos para viaxar, desta vez si, até a Arxentina. Primeira achega especial a un país cheo de músicas diversas e mergullado tamén no conflito do cánon dixital. Deitamos pistas que vos servirán para iniciarvos nos hetereoxéneos camiños da música baixo licenzas abertas na terra berce do tango.
Lara la. Cuando se escondeModular. FlasheandoCursi y Melancólico. Seremos un lugarLastraX. FarlandsMullieris. La bestia popMister America. Superación (oda) Enlaces relacionados: Zona Indie, escolma Canciones Pegajosas; PlanetaX; Lastrax no myspace; NullRepublik; Argentinafolclore.com; o blog de Mister America.

27
DESCARGAR c'mmons baby! #11 (nincompoopeando)  (20/04/08)



Queriamos ter viaxado hoxe até a Arxentina, mas non chegaron en tempo as reservas. Por tanto, imos improvisar un c'mmons baby! con cancións para namorar, escachar, aspirar, sentir, beber e nincompoopear.
Lüdmillä. I'm fall in loveHoly. Another pieceSofarojo. AspirarFresh Body Shop. All you're never feltNovedades Carminha. Dame de BeberJosh Woodward. Nincompoop Enlaces relacionados: Lüdmilä no myspace; Another Record; HolyRook; dpop.es; Fresh Body Shop no last.fm, no jamendo.com; Grandes Éxitos de Novedades Carminha; A Regueifa; Josh Woodward no last.fm.

38
DESCARGAR c'mmons baby! #10 (luns e aluados)  (09/04/08)


Os luns adoitan ser días treboentos e fodidos, comeza a semana e hai que traballar... A lúa alúa e fainos tolear, mais tamén é certo que preto da tolemia é onde se acha a inspiración. Sube ao noso foguete espacial, despegamos!

48
DESCARGAR c'mmons baby! #09 (in memoriam John Balan + novidades galegas)  (30/03/08)


Con atraso, por causa de problemas de saúde (nada grave), chegamos cun c’mmons baby! especial dedicado ao recentemente falecido home-orquestra John Balan e ás novidades do panorama musical libre galego. É tamén máis longo do común, aínda que andamos cismando en facelo desta nova duración próxima aos 30 minutos para ter máis tempo para a música. Desculpai a voz algo tomada e tristeira, cousa do catarro.

Damos aviso do chamado que fan Fuzquenlla e Esquíos aos grupos galegos autoeditados para asociarse e facer forza común á marxe dos circuítos comerciais e a SGAE.

Falamos do novo disco d’Os Chiquilicuatres distribuido nun pendrive, e do resultado do certame A Coruña Son ’08.

Queremos aproveitar para lembrar que temos abertas as portas aos artistas que publiquen baixo licenzas libres para axudalos, no que poidamos, a espallar a súa música; quen queira contactar con nós pode facelo en ictioscopio[arroba]gmail[ponto]com ou deixando un comentario no blog.

Pequeno abrazo tamén, e agarimo, para a amiga Lourixe, que perdeu días atrás ao seu pai ...abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim.

Dandy Fever. John BalanDandy Fever. Baila skaEsquíos. Un tipo normalOs Chiquilicuatres. Tres tragosDétour. VioloncelloNovedades Carminha. John Balan song

Enlaces relacionados: Dandy Fever, no myspace; Gzcrea; Esquíos; Fuzquenlla; Komunikando.net; Os Chiquilicuatres; Détour; Novedades Carminha, no myspace; A Coruña Son; John Balan, no youtube.

69
DESCARGAR c'mmons baby! #08  (09/03/08)


Despois dos especiais regueifeiros, retomamos o fío e a nosa frecuencia cotiá de saír cada quince días.

Foron días estes de moito movemento na música licenciada baixo copyleft, falamos o mínimo necesario para contar o máis sobranceiro. Agradecemos ao selo Unique Records da Franza a súa amabilidade e bo trato e falamos da súa iniciativa de agasallar cun compilado CD + DVD conmemorativo dos seus 5 anos de traballo pola compra dalgún dos seus paquetes en promoción. Tamén viaxamos até Arxentina para presentarvos dous dos máis recentes lanzamentos dese país tan achegado a nós. Despois, retornamos á península, ao irmán Portugal, para presentarvos unha faixa muito fixe que nos traen os mozos da caravana, dous lisboetas que cantan en inglés.

Non esquezades ir votar!

Angil & Hidd#ntracks. In PurdahSync Filmico. MercurioSortie. Nada BienThe Guys from the Caravan. The guy from the caravan

Enlaces relacionados: Angil & The Hidd#ntracks, no myspace, oulipo; (we are) Unique Records; Sync Filmico, no purevolume, no myspace, o seu blog; Zona Indie; Canciones Pegajosas; Sortie, no purevolume, no myspace; The guys from the caravan, no myspace; Rasarte, o seu podcast; Rascunho; NIN.

76
DESCARGAR c'mmons baby! #07b (A Regueifa Plataforma)  (02/03/08)


Eis a continuación da entrevista feita a Noel Feáns nos días pasados. Nesta segunda parte falamos tamén do caixón non-musical da Regueifa; de Fanny e Alexander, o dúo musical que Noel desenvolve xunto con Efi Arias; e da revista en liña Sono-Tone. Acompañan a conversa cancións dos últimos lanzamentos do netlabel, Vale Tudo e Ataque Escampe, un tema do segundo disco de Fanny e Alexander e rematamos cos brasileiros Luisa Mandou um beijo.

Vale Tudo. La MalezaAtaque Escampe. Akira ToriyamaFanny e Alexander. Cando eu era mozoLuisa mandou um beijo. Amarelinha.

Enlaces relacionados: A Regueifa; Sono-Tone; Vale Tudo; Ataque Escampe, no myspace; Fanny e Alexander, no myspace; Luisa mandou um beijo, no myspace; The Homens; María Lado; David Rubín.

83
DESCARGAR c'mmons baby! #07a (A Regueifa Plataforma)  (24/02/08)


Estreamos nova xeira en c’mmons baby! (emitindo xa en galego) coa primeira parte da entrevista que lle fixemos hai uns días a Noel Feáns, rexedor de A Regueifa Plataforma, netlabel sobranceiro da escea musical galega, e algo máis. A conversa, gravada no pub Bolengo Pop, de case unha hora dividímola en dúas partes para facelo máis ameno; a segunda parte chegará na vindeira fin de semana. Estas dúas emisións van ser algo máis extensas dos 20-25 minutos que adoita durar c’mmons baby! e a calidade da gravación non é moi alá, mas consideramos que con todo paga a pena a entrevista. A música póñena dous dos últimos lanzamentos da Regueifa e un dos seus grandes descubrimentos.

Capitán Furilo. BeatQuant. Dollars in her eyesProjecto Mourente. Que me enterrem na discoteca

Enlaces relacionados: A Regueifa Plataforma; Capitán Furilo; Quant, no myspace; Projecto Mourente, no myspace; ouvirmos; Café-Pub Bolengo Pop.

97
DESCARGAR c'mmons baby! #06 (les dangers du rock'n roll)  (10/02/08)


Después de darle al rock’n’roll y al blues, desde Francia non advierten de los peligros del mismo de forma divertida, al tiempo que combativa en favor de las licencias abiertas.

Terminamos anunciando cambios en C’mmons baby! a partir de la próxima emisión. Tras darle vueltas y consultarlo con Corso, coordinador de Ego99, haré lo que desde un principio me apetecía, locutar en galego. Sé que algunos pueden dejar de escucharlo, espero que no sea así; C’mmons baby! es un espacio para la música, y el idioma de difusión no lo veo tan importante, de hecho, yo escucho podcasts musicales en inglés y portugués, y no siempre entiendo todo lo que dicen los locutores, pero sí me gusta la música que pinchan, y así descubrí nuevos autores que de otro modo desconocería. Además, creo que para los castellano hablantes no debería ser demasiado complicado entender el galego, y lo mismo para algún portugués que caiga por aqui; considero así que lejos de cerrar puertas a la audiencia, lo que hago es abrirlas. En fin, espero que no os resulte muy traumático ;)

Y como guinda, otro de los descubrimientos del recopilatorio de Metawelle (SSL Vol. 1, donde ya encontramos a The Dots), son estadounidenses, se llaman Blanks., y con ellos inauguramos la sección “Uma faixa muito fixe!” donde iremos presentando canciones con alma de hit, de esas que te enganchan a la primera escucha.

Sam et Thierry Blanchard. Sur un chappySam. Télécharger c'est illégalThierry Blanchard. SuperstarBlanks. Pouncer

C’mmons byebye!

Enlaces relacionados: Sam; Thierry Blanchard, en Jamendo; Les Grandes Roues; Jamendo; Blanks.; Endless Recordings; Metawelle.